Estimadas familias: Dirixímonos a vós, ante todo, para saber como estades. Desde este equipo esperamos que todos esteades ben. Son momentos difíciles para todos e sabendo que cada familia ten unha circunstancia distinta, non podemos facer outra cousa que felicitarvos a todos. Estamos orgullosos de tódolos país e nais que saen a traballar, e tamén polos que quedan nas súas casas. E como non, ós nosos nenos e nenas, que eles si son uns CAMPIÓNS.
Devandito isto, dicirvos que estamos en contacto co cole e cónstanos que están a tentar traballa-lo mellor que poden, poñéndolle corazón e ganas. Desde aí, transmítennos o seguinte:
- ánimo e forza, isto pasará e volveredes ao cole. Estades a traballar moi ben e botámosvos de menos. O cole, baleiro, non nos gusta.
- Ás familias, non vos preocupedes polos contidos que non se dean en profundidade, o curso que vén, no primeiro trimestre, reforzaranse.
- Os que pasan de ciclo tamén eles repasarán. Pensamos nas familias nas que os seus fillos e fillas irán ó instituto. Están en contacto cos centros e os contidos volveranse dar.
- Hai centros que, axudados por Protección Civil, foron entregando os libros ós alumnos. Cónstanos que o noso centro solicitouno, pero nestes momentos non se pode, son moitos alumnos e cada centro ten unhas características distintas.
- Infórmannos que por medio dos blogues tentan que os nenos estean ó día, pero sabemos dalgunhas dificultades.
- O cole está á vosa disposición. Tentamos “normalizar” na medida do posible, pero sabemos que non é fácil e, por iso, nós tamén nos adaptamos.
Dámosvos as grazas polo bo comportamento das familias e animámosvos a seguir así.
Un saúdo e, máis que nunca, A UNIÓN FAI A FORZA.
Moitas gracias pola imformacion
ResponderEliminarMoitas gracias
ResponderEliminarmoitas grazas polo viso esforzó.
ResponderEliminar