BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

DESPEDIDA

 

E…”colorín, colorado este cuento se ha acabado”.

Ata eiquí chega a andadura desta directiva da Anpa Aturuxo que comenzou en febreiro do 2017 con moitos nervios e con moitas ganas.

Non foron comenzos fáciles pero con ilusión e empeño conseguimos sacar adiante un proxecto no que se levaron a cabo diversas actividades. Foron uns anos moi…interesantes e sobretodo gratificantes.

Queremos dar as GRACIÑAS en primeiro lugar aos nenos e nenas do cole que sempre teñen un sorriso para agradecernos un chocolote, unha actuación dun mago, unha festa de fin de curso...por eles e por elas mereceron a pena os nervios, as prisas e as risas. Agradecemos tamén a eses pais e a esas nais que nos axudaron nas diversas actividades ou cun simple comentario de ánimo, e por suposto, agradecer ao cole a súa axuda,  en especial, ao equipo directivo que sempre remou con nós.

Non queremos despedirnos sen antes darlle a benvida á nova directiva que entra con moita ilusión e ganas a esta nova aventura . Contade con nós , estaremos ehí para o que necesitedes porque …..


A UNIÓN FAI A FORZA

Benvida curso 2020/2021


Bos días familias,

Despois de un verán diferente xa estamos de novo de volta a esta “nova normalidade” que nos tocou vivir a tod@s.

Dada a incertidumbre que nos teñen manisfestado algunhas familias queremos que teñades coñecemento de que estamos en contacto co colexio e que dende  Dirección levan traballando dende finais do mes de agosto adaptando o colexio as normas establecidas no protocolo da Xunta (entradas e saídas escalonadas ao colexio así coma a súa señalización , regular saidas aos recreos, desdobramento dun curso de maneira interna,  compra de material desinfectante como son as alfombras das entradas, papeleiras, etc…) 

Por outro lado, tanto o cole coma a Anpa, solicitamos ao concello que reforcen o persoal de limpeza e material( geles, panos seca mans…)

En breve o colexio informará as familias polos diferentes canles de comunicación a cerca do inicio do curso.

Con esto queremos transmitirvos unha mensaxe de tranquilidade e como sempre tedes a vosa disposición o correo da anpa para que poidades aportar todas as ideas que consideredes oportunas así coma as dúbidas que vos podan xurdir.

Agora máis que nunca colexio e familias temos que estar unidos para facer que esta volta ao cole sexa o máis segura posible para os nosos nenos e nenas.