BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

CHEGARON OS REIS MAGOS 🤴🏻🤴🤴🏿




¡¡Mi madriña!! ¡¡Canta actividade hai estas noites no cole!!


¡¡Chegaron os Reis Magos!!

🤴🏻🤴🤴🏿

Xa sabemos que os estabades esperando. 

Eles non podían faltar.


As súas Maxestades non quixeron perder a oportunidade de facernos unha visita para endulzar o Nadal os nosos nenos e nenas.

A pesar da súa longa viaxe, demostráronnos que teñen moita enerxía e que están en moi boa forma. 


Gracias Melchor, Gaspar e Baltasar







 

VISITA PAPÁ NOEL 🎅🏼🎅🏼







📢📢¡¡Adiviña adiviñanza!! 🤔
¿Quen estuvo de paseo polo cole esta noite ???

Unha pista... 🔍

Barba branca, traxe vermello...

 Siiii!!! 👏👏👏👏👏👏

O mismísimo 🎅🏼 Papá Noel en persoa, ofreceuse para axudarnos a deixar a sorpresa para os nosos socios.

Esperamos que todos aparezan na lista 📜 dos máis bos 😇❤️











HALLOWEEN



Chegou Halloween👻

E con el o día en que os nosos nen@s pudieron gozar dunha xornada terroríficamente xenial.

Despois do ben que o están a facer neste curso tan atípico, tíñano ben merecido.

¡¡Son os mellores!!

 

Dende o Anpa e para eles, gravamos uns vídeos que o venres xa puideron ver no cole, esperamos que os disfrutedes tanto coma nós.
 
 
Moitas gracias á Profe Bea pola súa colaboración como intrusa invitada 😍 
 
 




TENDAS AMIGAS



¡¡RECORDADE!! 

Presentando o NOVO CARNE DE SOCIO, poderedes disfrutar de diferentes DESCONTOS en un montón de "TENDAS AMIGAS" da nosa localidade.

Toda a información sobre descontos na seguinte ligazón  Listado Tendas Amigas e no apartado "TENDAS AMIGAS" do noso blog
 
ANPA ATURUXO CO COMERCIO LOCAL
 
 
 


 

AGRADECEMENTO O CONCELLO




Dende a Anpa Aturuxo, queremos dar as GRACIAS ó Concello de O Barco de Valdeorras por atendernos e por escoitar as necesidades das familias do C.E.I.P. Julio Gurriarán. 

Trala reunión mantida ca Concelleira de Educación...........

 AS MASCARAS E XELES XA SON UNHA REALIDADE NO COLEXIO!!!👏👏👏


 

 
 



 


 



CARNÉ SOCIO 2020/2021

 
 
Xa están listos os novos carnés de socio Anpa Aturuxo 2020/2021.
 Entregeranse no cole o longo de esta semana.
 


Se non eres socio pero estás interesado en unirte a nós. Podes descargar  o formulario de inscrición na seguinte ligazón,
 Ficha inscripción Anpa 20/21 ou contactando connosco a través do mail aturuxoanpa@gmail.com
 
 
 
 
 
 
 
 
 


PRESENTACIÓN

Grazas a todos pola benvida, en especial a o equipo directivo do colexio e á anterior directiva da Anpa pola axuda e apoio que nos están a dar.

Deixámosvos por aquí a nosa carta de presentación para que nos vaiades coñecendo.

¡¡ESTE CURSO MÁIS QUE NUNCA PRECISAMOS O APOIO DE TODOS!!


¡¡ANÍMATE A COLABORAR!!


¡¡AGARDÁMOSTE!!
 



 

DESPEDIDA

 

E…”colorín, colorado este cuento se ha acabado”.

Ata eiquí chega a andadura desta directiva da Anpa Aturuxo que comenzou en febreiro do 2017 con moitos nervios e con moitas ganas.

Non foron comenzos fáciles pero con ilusión e empeño conseguimos sacar adiante un proxecto no que se levaron a cabo diversas actividades. Foron uns anos moi…interesantes e sobretodo gratificantes.

Queremos dar as GRACIÑAS en primeiro lugar aos nenos e nenas do cole que sempre teñen un sorriso para agradecernos un chocolote, unha actuación dun mago, unha festa de fin de curso...por eles e por elas mereceron a pena os nervios, as prisas e as risas. Agradecemos tamén a eses pais e a esas nais que nos axudaron nas diversas actividades ou cun simple comentario de ánimo, e por suposto, agradecer ao cole a súa axuda,  en especial, ao equipo directivo que sempre remou con nós.

Non queremos despedirnos sen antes darlle a benvida á nova directiva que entra con moita ilusión e ganas a esta nova aventura . Contade con nós , estaremos ehí para o que necesitedes porque …..


A UNIÓN FAI A FORZA

Benvida curso 2020/2021


Bos días familias,

Despois de un verán diferente xa estamos de novo de volta a esta “nova normalidade” que nos tocou vivir a tod@s.

Dada a incertidumbre que nos teñen manisfestado algunhas familias queremos que teñades coñecemento de que estamos en contacto co colexio e que dende  Dirección levan traballando dende finais do mes de agosto adaptando o colexio as normas establecidas no protocolo da Xunta (entradas e saídas escalonadas ao colexio así coma a súa señalización , regular saidas aos recreos, desdobramento dun curso de maneira interna,  compra de material desinfectante como son as alfombras das entradas, papeleiras, etc…) 

Por outro lado, tanto o cole coma a Anpa, solicitamos ao concello que reforcen o persoal de limpeza e material( geles, panos seca mans…)

En breve o colexio informará as familias polos diferentes canles de comunicación a cerca do inicio do curso.

Con esto queremos transmitirvos unha mensaxe de tranquilidade e como sempre tedes a vosa disposición o correo da anpa para que poidades aportar todas as ideas que consideredes oportunas así coma as dúbidas que vos podan xurdir.

Agora máis que nunca colexio e familias temos que estar unidos para facer que esta volta ao cole sexa o máis segura posible para os nosos nenos e nenas.


Axudas infantil

Adxuntamos o documento de axudas para o alumnado de infantil do concello do Barco para o curso 2020-2021. 

Documentos das axudas 

Comunicado Importante

  



Estimadas familias: Dirixímonos a vós, ante todo, para saber como estades. Desde este equipo esperamos que todos esteades ben. Son momentos difíciles para todos e sabendo que cada familia ten unha circunstancia distinta, non podemos facer outra cousa que felicitarvos a todos. Estamos orgullosos de tódolos  país e nais que saen a traballar, e tamén polos que quedan nas súas casas. E como non, ós nosos nenos e nenas, que eles si son uns CAMPIÓNS.
   Devandito isto, dicirvos que estamos en contacto co cole e cónstanos que están a tentar traballa-lo mellor que poden, poñéndolle corazón e ganas. Desde aí, transmítennos o seguinte: 
- ánimo e forza, isto pasará e volveredes ao cole. Estades a traballar moi ben e botámosvos de menos. O cole, baleiro, non nos gusta.
- Ás familias, non vos preocupedes polos contidos que non se dean en profundidade, o curso que vén, no primeiro trimestre, reforzaranse.
- Os que pasan de ciclo tamén eles repasarán. Pensamos nas familias nas que os seus fillos e fillas irán ó instituto. Están en contacto cos centros e os contidos volveranse dar. 
- Hai centros que, axudados por Protección Civil, foron entregando os libros ós alumnos. Cónstanos que o noso centro solicitouno, pero nestes momentos non se pode, son moitos alumnos e cada centro ten unhas características distintas.
- Infórmannos que por medio dos blogues tentan que os nenos estean ó día, pero sabemos dalgunhas dificultades.
- O cole está á vosa disposición. Tentamos “normalizar” na medida do posible, pero sabemos que non é fácil e, por iso, nós tamén nos adaptamos. 
Dámosvos as grazas polo bo comportamento das familias e animámosvos a seguir así.

   Un saúdo e, máis que nunca, A UNIÓN FAI A FORZA.

Concurso debuxo escolares galegos



Texto e imaxe copiados do períodico O Sil

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) vén de convocar un concurso de debuxos para todos os escolares galegos. A finalidade é que “poidan amosar o agradecemento aos corpos e forzas de seguridade, e que mediante o debuxo os nenos e nenas poidan trasmitirlle ánimos tanto á Policía Nacional, Policía Local, Policía Autonómica e Garda Civil, os cales reciben formación permanente na Academia”, segundo a AGASP.
A temática do concurso é completamente libre, os rapaces poderán plasmar no debuxo o que eles queiran trasmitirlle aos axentes e o único requisito é que poñan o cancelo #ConVosEstamosSeguros. O obxectivo do concurso é que mediante “esta iniciativa os rapaces poñan en valor a gratitude aos corpos e forzas de seguridade e ao mesmo tempo que contribúa a que pasen estes días de confinamento un pouco mais entretenidos”.
Poderán participar neste concurso todos os nenos e nenas galegos. Haberá categorías segundo o nivel educativo. Así establécense 6 premios, un para Infantil, dous para Educación Primaria, por una banda os nenos de 1º a 3º e por outra banda os de 4º a 6ª, e o mesmo cos estudantes da ESO, haberá dúas categorías, os rapaces de 1º e 2º e por outra banda os de 3º e 4º. E finalmente os estudantes de Bacharelato que igual que os de Infantil teñen cada un, unha categoría.
Os premios de cada unha das categorías é que o gañador poida facer xunto a toda súa clase unha visita guiada á Academia, onde tamén están recibindo formación os policías e gardas civís, poidendo participar con eles nalgunha das clase e que así poidan coñecer de preto aos axentes que reciben a formación na Academia.
Poderá presentarse unha obra por concursante en tamaño A4 e poderá ser realizada en calquera modalidade, con lápiz, tinta china, estilográfica, rotuladores, pinturas, ceras. Cada neno poderá facelo como queira. O estilo é completamente libre. O único é que ten que levar o cancelo #ConVosEstamosSeguros.
O prazo de presentación de traballos
O prazo de presentación dos debuxos comeza mañá e remata o vindeiro venres 17 de abril. Os debuxos poderán ser remitidos á Academia mediante unha foto do mesmo que se pode mandar por correo electrónico ao seguinte enderezo formacion.agasp@xunta.gal, indicando o nome completo do neno ou nena, o nivel educativo ao que pertence, así como o colexio ao que asiste.



Información colexio



Dende o colexio informannos de que o vindeiro VENRES, DÍA 3 DE ABRIL se publicarán as notas correspondentes á Segunda Avaliación deste Curso 2019/2020.

Debido ao Estado de Alarma e confinamento da poboación, a entrega de Boletíns en papel no é posible, polo que as calificacións dos alumnos estarán accesibles como sempre na aplicación ABALARMÓBIL na que se poderán consultar as notas dos seus fillos/as.

Para iso é necesario desgargar no seu móbil ou tablet a aplicación correspondente.
Na páxina web do Colexio hai unha ligazón a AbalarMóbil para as familias que non o teñan.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgurriaran/

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

Ante calquera problema ou dificultade poden poñerse en contacto có Colexio no e-mail: ceip.gurriaran@edu.xunta.es ou nos teléfonos: 988 320880 / 618216612  (en horario de mañá de 10:00 a 13:00h.).

Moitas grazas!!

Enquisa de FAPA











Enquisa ás familias sobre a educación non presencial durante a crise do coronavirus
Os datos serán recibidos e tratados por Confapa Galicia conforme a normas legais de protección de datos

Vídeo





Profesores, papis, nenos e nenas do CEIP JULIO GURRIARÁN deixamosvos outra inciativa facedenos chegar por correo aturuxoanpa@gmail.com ou o teléfono de algún de nós un video decindo eu quedo na casa pode ser cantando, bailando, falando, co debuxo que puxemos onte o que vos queirades...... sabemos que orixinais sodes sempre!!!!!!!
Despois faremos un montaxe con todos os videos que nos enviedes.
TODO SAIRÁ BEN

Arco da vella #quedanacasa



#AANPAATURUXOQUEDANACASA
Bo día nenos e nenas do CEIP JULIO GURRIARÁN eiqui vos deixamos un arco da vella para colorear, decorar ( algodón, plastilina…) ou engadirlle o que vos queirades para cos colguedes nas vosas fiestras da casa. Cando todo isto remate e volvamos ao cole levaremos os nosos debuxos para facer unha cadea e decorar así o patio do cole. Ánimo...
TODO SAIRÁ BEN

Enlace descarga debuxo

Blog das clases

IMPORTANTE

XA ESTÁN DISPOÑIBLES PARA A SÚA VISITA OS BLOGS CORRESPONDENTES ÁS CLASES, ONDE SE COLGARÁN ACTUALIZACIÓNS E ACTIVIDADES PARA QUE OS NENOS/AS FAGAN ESTES DÍAS NA CASA.

A LISTA DE TODOS OS BLOGS ESTÁ PUBLICADA NA PÁXINA WEB DO COLEXIO. (A TRAVÉS DESTA LIGAZÓN).

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgurriaran/

MOITAS GRAZAS E BO DÍA A TOD@S!

Nova Información Colexio


Debido al Real Decreto e as condicions sobre a limitación da movilidade é ilegal e sancionable ir o colexio para recoller os libros. O colexio permanecerá cerrado


https://www.boe.es/eli/es/rd/2020/03/14/463/con

Actualización información colexio

ACTUALIDADE CORONAVIRUS

DEBIDO ÁS NOVAS CONDICIÓNS E AO DECRETO DO ESTADO DE EMERXENCIA, COMUNICAMOS AS TODAS AS FAMILIAS O SEGUINTE:

OS PAIS/NAIS QUE QUEIRAN PASAR RECOLLER OS LIBROS DOS SEUS FILLOS/AS OU TRABALLOS DE P.T./A.L. PODERÁN PASAR POLO COLEXIO O VINDEIRO LUNS 16 EN HORARIO DE 09:00 A 11:00h.

A PARTIR DESA HORA NON SERÁ POSIBLE RECOLLER NADA NIN ACCEDER ÁS INSTALACIÓNS.


Comunicado


 Estimados socios adjuntamos un comunicado en relación a las medidas tomadas por la Xunta de Galicia para los centros escolares por el Covid-19.




Aplazamento das votación




   Por cuestións organizativas, aplázase ata novo aviso a votación d@s candidat@s a xunta directiva desta asociación.
   Comunicaremos a nova data en canto quede establecida.

   Ata entón, mantense aberta a lista por se alguén máis desexa presentarse.

    Un saudo.

Camisetas e sudadeiras Información


Estimadas familias nestes días sodes varios papis/mamis e profes os que preguntades polas camisetas e as sudaderas do cole así que  recordamos que existen camisetas e sudaderas do cole para as saídas, excursións, ximnasia…  Debido a que nalguna talla hai pouco stock, se tedes pensado mercar agradeceríamos co fixerades con tempo por se hai que facer pedido.
Para poder mercar 
1º mandar correo co nome do neno/a e talla aturuxoanpa@gmail.com . Contestamos para facer a entrega.   
    2º Facer o ingreso no número de conta da anpa poñendo o nome do neno/a.
ES70 2080 0405 4130 4002 7265

PREZOS      
SOCIO : 20€ pack e separado camiseta 8€ e sudadera 12€
NON SOCIO: 25 € pack    e separado camiseta 10€ e sudadera 15€ 

Fotos comparsa


Outro entroido que se foi e outro desfile onde bailamos, cantamos e case desesperamos!!! 😂😂. Pero o que conta é co pasamos pipa!!! Graciñas ás mamis e papis que levaron os estandartes, menos mal que este ano nos axudaban os superpoderes a tirar deles. Graciñas a todos os nenos e nenas, papis e mamis e demáis familia que se achegaron a desfilar.
Unha mención especial a anpa do Condesa de Fenosa que nos suministrou corriente para poder bailotear.
Viva o entroido!!!!!!!
viva o Julio Gurriarán!!!!!!!e
viva a Anpa Aturuxo!!!!



















COMPARSA



Informamos a tod@s @s participantes na comparsa que quedamos o martes 25 ás 16.45 h no colexio para salir tod@s xunt@s e colocarnos. Recordamos cos disfraces teñen que ser héroes ou villanos de La Liga de la justicia o de Los Vengadores.