BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Sabemos que no noso cole temos moitos deportistas que conseguiron medallas.


O fin de semana pasado Cecilia conseguiu bronce en lanzamento no campionato galego.


Pablo conseguiu plata en salto de lonxitude

E este  fin de semana Xiana Pungin tres Ouros no campionato de españa.


A súa familia fíxonos chegar estás fotos e sumámonos á felicitación.

Enquisa comedor



Queremos informar os usuarios de comedor que por un erro  a enquisa que se vos enviou onte  esta incompleta  por un erro ao focopiar. Váisevos volver a enviar . Desculpade as molestias.

Documentación incompleta Socios


Queremos recordar a los socios que los que esten pendientes de completar la documentación nos la hagan llegar para poder hacer los carnets a los niñ@s.
Gracias

Folga xeral


Informámoslles da folga xeral do ensino convocada o vindeiro 9 Marzo de 2017, na que se reivindica, entre outras:
  •            Derroga-la LOMCE e nova lei do ensino
  •             Non os recortes, máis investimentos

Dende este ANPA, NON apoiámo-la folga,a menos que a maioría de socios non estén de acordo con esta decisión e nos fagan saber sí están a favor da folga e que van a participar de maneira activa nela, xa que o que se está reivindicando atópase agora mesmo nunha mesa de traballo, tal e como se indica no comunicado que se vos adxunta asinado pola CONFAPA Galicia, federación na que este ANPA está asociada a través de FAPA Ourense.
Para maís información:
Comunicado folga




Diego Barril de 3º B  foi o agraciado no sorteo. Noraboa e a desfrutala.


Agraciado sorteo ANPA Aturuxo 

Un entroido completiño, completiño..... ata deportistas de Valdeorras viñeron ó cole a falar da importancia do deporte nos colexios e na educación dos nen@s e por suposto, a reinvidicar todos xuntos a necesidade dun pavillón no CEIP Julio Gurriarán.

Pero eso non foi todo, para rematar o día @s nen@s tiverón unha gran festa de entroido con doces feitos con mimo polas mamis,papis, avoas....., chocolatada para repoñer forzas, música para desfrutar do entroido e unhos invitados moi especiais. Ata o Ceip Julio Gurriarán  achegaronSE Minnie, Mickey, Chase e Skye para darlles unha sorpresa ós nen@s e vivir o entroido con eles.

 Viva o entroido!!!!!!!




Que mellor maneira de inagurar con fotos este blogue que unha Carreira pola Paz. 
@s nen@s do cole aportaron o seu gran de area na petición da Paz no mundo.
 Eiqui deixamos a mostra da súa solidariedade e deportividade
A correr e pasalo ben!!!