BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Comunicado Importante

  



Estimadas familias: Dirixímonos a vós, ante todo, para saber como estades. Desde este equipo esperamos que todos esteades ben. Son momentos difíciles para todos e sabendo que cada familia ten unha circunstancia distinta, non podemos facer outra cousa que felicitarvos a todos. Estamos orgullosos de tódolos  país e nais que saen a traballar, e tamén polos que quedan nas súas casas. E como non, ós nosos nenos e nenas, que eles si son uns CAMPIÓNS.
   Devandito isto, dicirvos que estamos en contacto co cole e cónstanos que están a tentar traballa-lo mellor que poden, poñéndolle corazón e ganas. Desde aí, transmítennos o seguinte: 
- ánimo e forza, isto pasará e volveredes ao cole. Estades a traballar moi ben e botámosvos de menos. O cole, baleiro, non nos gusta.
- Ás familias, non vos preocupedes polos contidos que non se dean en profundidade, o curso que vén, no primeiro trimestre, reforzaranse.
- Os que pasan de ciclo tamén eles repasarán. Pensamos nas familias nas que os seus fillos e fillas irán ó instituto. Están en contacto cos centros e os contidos volveranse dar. 
- Hai centros que, axudados por Protección Civil, foron entregando os libros ós alumnos. Cónstanos que o noso centro solicitouno, pero nestes momentos non se pode, son moitos alumnos e cada centro ten unhas características distintas.
- Infórmannos que por medio dos blogues tentan que os nenos estean ó día, pero sabemos dalgunhas dificultades.
- O cole está á vosa disposición. Tentamos “normalizar” na medida do posible, pero sabemos que non é fácil e, por iso, nós tamén nos adaptamos. 
Dámosvos as grazas polo bo comportamento das familias e animámosvos a seguir así.

   Un saúdo e, máis que nunca, A UNIÓN FAI A FORZA.

Concurso debuxo escolares galegos



Texto e imaxe copiados do períodico O Sil

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) vén de convocar un concurso de debuxos para todos os escolares galegos. A finalidade é que “poidan amosar o agradecemento aos corpos e forzas de seguridade, e que mediante o debuxo os nenos e nenas poidan trasmitirlle ánimos tanto á Policía Nacional, Policía Local, Policía Autonómica e Garda Civil, os cales reciben formación permanente na Academia”, segundo a AGASP.
A temática do concurso é completamente libre, os rapaces poderán plasmar no debuxo o que eles queiran trasmitirlle aos axentes e o único requisito é que poñan o cancelo #ConVosEstamosSeguros. O obxectivo do concurso é que mediante “esta iniciativa os rapaces poñan en valor a gratitude aos corpos e forzas de seguridade e ao mesmo tempo que contribúa a que pasen estes días de confinamento un pouco mais entretenidos”.
Poderán participar neste concurso todos os nenos e nenas galegos. Haberá categorías segundo o nivel educativo. Así establécense 6 premios, un para Infantil, dous para Educación Primaria, por una banda os nenos de 1º a 3º e por outra banda os de 4º a 6ª, e o mesmo cos estudantes da ESO, haberá dúas categorías, os rapaces de 1º e 2º e por outra banda os de 3º e 4º. E finalmente os estudantes de Bacharelato que igual que os de Infantil teñen cada un, unha categoría.
Os premios de cada unha das categorías é que o gañador poida facer xunto a toda súa clase unha visita guiada á Academia, onde tamén están recibindo formación os policías e gardas civís, poidendo participar con eles nalgunha das clase e que así poidan coñecer de preto aos axentes que reciben a formación na Academia.
Poderá presentarse unha obra por concursante en tamaño A4 e poderá ser realizada en calquera modalidade, con lápiz, tinta china, estilográfica, rotuladores, pinturas, ceras. Cada neno poderá facelo como queira. O estilo é completamente libre. O único é que ten que levar o cancelo #ConVosEstamosSeguros.
O prazo de presentación de traballos
O prazo de presentación dos debuxos comeza mañá e remata o vindeiro venres 17 de abril. Os debuxos poderán ser remitidos á Academia mediante unha foto do mesmo que se pode mandar por correo electrónico ao seguinte enderezo formacion.agasp@xunta.gal, indicando o nome completo do neno ou nena, o nivel educativo ao que pertence, así como o colexio ao que asiste.



Información colexio



Dende o colexio informannos de que o vindeiro VENRES, DÍA 3 DE ABRIL se publicarán as notas correspondentes á Segunda Avaliación deste Curso 2019/2020.

Debido ao Estado de Alarma e confinamento da poboación, a entrega de Boletíns en papel no é posible, polo que as calificacións dos alumnos estarán accesibles como sempre na aplicación ABALARMÓBIL na que se poderán consultar as notas dos seus fillos/as.

Para iso é necesario desgargar no seu móbil ou tablet a aplicación correspondente.
Na páxina web do Colexio hai unha ligazón a AbalarMóbil para as familias que non o teñan.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgurriaran/

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

Ante calquera problema ou dificultade poden poñerse en contacto có Colexio no e-mail: ceip.gurriaran@edu.xunta.es ou nos teléfonos: 988 320880 / 618216612  (en horario de mañá de 10:00 a 13:00h.).

Moitas grazas!!