BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Enquisa de FAPA











Enquisa ás familias sobre a educación non presencial durante a crise do coronavirus
Os datos serán recibidos e tratados por Confapa Galicia conforme a normas legais de protección de datos

Vídeo





Profesores, papis, nenos e nenas do CEIP JULIO GURRIARÁN deixamosvos outra inciativa facedenos chegar por correo aturuxoanpa@gmail.com ou o teléfono de algún de nós un video decindo eu quedo na casa pode ser cantando, bailando, falando, co debuxo que puxemos onte o que vos queirades...... sabemos que orixinais sodes sempre!!!!!!!
Despois faremos un montaxe con todos os videos que nos enviedes.
TODO SAIRÁ BEN

Arco da vella #quedanacasa



#AANPAATURUXOQUEDANACASA
Bo día nenos e nenas do CEIP JULIO GURRIARÁN eiqui vos deixamos un arco da vella para colorear, decorar ( algodón, plastilina…) ou engadirlle o que vos queirades para cos colguedes nas vosas fiestras da casa. Cando todo isto remate e volvamos ao cole levaremos os nosos debuxos para facer unha cadea e decorar así o patio do cole. Ánimo...
TODO SAIRÁ BEN

Enlace descarga debuxo

Blog das clases

IMPORTANTE

XA ESTÁN DISPOÑIBLES PARA A SÚA VISITA OS BLOGS CORRESPONDENTES ÁS CLASES, ONDE SE COLGARÁN ACTUALIZACIÓNS E ACTIVIDADES PARA QUE OS NENOS/AS FAGAN ESTES DÍAS NA CASA.

A LISTA DE TODOS OS BLOGS ESTÁ PUBLICADA NA PÁXINA WEB DO COLEXIO. (A TRAVÉS DESTA LIGAZÓN).

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgurriaran/

MOITAS GRAZAS E BO DÍA A TOD@S!

Nova Información Colexio


Debido al Real Decreto e as condicions sobre a limitación da movilidade é ilegal e sancionable ir o colexio para recoller os libros. O colexio permanecerá cerrado


https://www.boe.es/eli/es/rd/2020/03/14/463/con

Actualización información colexio

ACTUALIDADE CORONAVIRUS

DEBIDO ÁS NOVAS CONDICIÓNS E AO DECRETO DO ESTADO DE EMERXENCIA, COMUNICAMOS AS TODAS AS FAMILIAS O SEGUINTE:

OS PAIS/NAIS QUE QUEIRAN PASAR RECOLLER OS LIBROS DOS SEUS FILLOS/AS OU TRABALLOS DE P.T./A.L. PODERÁN PASAR POLO COLEXIO O VINDEIRO LUNS 16 EN HORARIO DE 09:00 A 11:00h.

A PARTIR DESA HORA NON SERÁ POSIBLE RECOLLER NADA NIN ACCEDER ÁS INSTALACIÓNS.


Comunicado


 Estimados socios adjuntamos un comunicado en relación a las medidas tomadas por la Xunta de Galicia para los centros escolares por el Covid-19.




Aplazamento das votación




   Por cuestións organizativas, aplázase ata novo aviso a votación d@s candidat@s a xunta directiva desta asociación.
   Comunicaremos a nova data en canto quede establecida.

   Ata entón, mantense aberta a lista por se alguén máis desexa presentarse.

    Un saudo.

Camisetas e sudadeiras Información


Estimadas familias nestes días sodes varios papis/mamis e profes os que preguntades polas camisetas e as sudaderas do cole así que  recordamos que existen camisetas e sudaderas do cole para as saídas, excursións, ximnasia…  Debido a que nalguna talla hai pouco stock, se tedes pensado mercar agradeceríamos co fixerades con tempo por se hai que facer pedido.
Para poder mercar 
1º mandar correo co nome do neno/a e talla aturuxoanpa@gmail.com . Contestamos para facer a entrega.   
    2º Facer o ingreso no número de conta da anpa poñendo o nome do neno/a.
ES70 2080 0405 4130 4002 7265

PREZOS      
SOCIO : 20€ pack e separado camiseta 8€ e sudadera 12€
NON SOCIO: 25 € pack    e separado camiseta 10€ e sudadera 15€