BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Cholo e Nela





Hoxe o noso cole estivo de festa!!!!Celebrando  os 20 Anos de Cholo  e Nela.

Parabens a todos os que  formasteis e formais parte  da organización  de esta convivencia que tan felices fai  os nenos e as súas familias.

Todo o traballo ten a súa  recompensa a convivencia  foi un éxito.

Por 20 anos mais!!!!

Noraboa e GRAZAS!!!!!!











Deportistasdo centro

Amanecimos coa noticia  de que este fin de semana unha alumna  do noso centro, Xiana Pungin conseguiu en Segovia  tres medallas de ouro e dous récords.



A súa familia fíxonos chegar esta foto e sumámonos á felicitación.

Xustificante exámen




Deixamosvos o enlace para poder descargar o xustificante  en caso de non asistir  o día 1 e 2 de Junio a realización da proba.





Aproveitando a visita da garda real colgamos de novo a pancarta para reivindicar o pavillón 

  


Resultado Enquisas Pavillón




Primeramente moitas grazas pola multitudinaria colaboración  na participación  das enquisas.

Despois de revisar as enquisas e tendo enconta os resultados obtidos a opción de manifestarse en Santiago quedou descartada xa que foi a menos elexida.
A máis votada foi a opción de poñer a primeira pedra simbólica da ANPA.

Estamos organizandonos próximamente teredes información sobre o tema.

REUNIÓN EXTRAORDINARIA




Cónvocase para o vindeiro venres 19 maio as 13:30 no salón de actos ós pais,nais,tirores dos/as alumnos/as dos cursos de 3° e 6° do Ceip Julio Gurrián para tratar o tema das reválidas.

Atentamente 

ANPA ATURUXO 

Cholo e Nela



Este ano vaise celebrar na nosa escola a convivencia infantil CHOLO E NELA, que este ano cumpre o seu 20 aniversario.


Resultado de imagen de cholo e nela 2017

Precisamos 10 colaboradores(comedor) pro día 31 de maio, que serán os primeiros dez que se apunten. 

Quen queira apuntarse, pode facelo ata o mércores 24 na mesa do conserxe, na lista que queda xunto do buzón de suxestións da ANPA.



                           

A unión fai a forza



"Nuestra recompensa se encuentra en el esfuerzo no en el resultado. Un esfuerzo total es una victoria"
Gandhi

Queremos agradecer a tod@s @s que participaron e conseguiron esta victoria completa, dende @s que trouxeron flores, xestas, material diverso, pasando polas que "paparon" frío, @s nen@s que nos axudaron nos recreos do cole, os que deron varios viaxes na búsqueda de musgo, as que pasaron a fin de semana no patio do cole traballando, rindo, pensando (o paraguas deunos moito xogo para pensar), @s que pasaron esta mañá a votar e a darnos ánimo, e por suposto non nos olvidamos d@s nen@s que cantaron  as coplas.
Entre tod@s conseguimos subir a recoller catro premios facendo un pleno emocionante (catro de catro).

Grazas o cole por deixarnos as instalcions, apoiarnos e crer na ANPA.