BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.


A man inocente sacou 


esta papeleta

 o agraciado/a ten que pasar a recoller a Bici antes  do día 10 Marzo


FESTA ENTROIDO


A Anpa Aturuxo comeza a súa andadura participando na primeira festa do colexio. 
O vindeiro  Venres 24 de febreiro. Ímoslles a dar unha chocolatada!!!!! tamén temos unha sorpresa que veredes ese mesmo día neste blog no apartado de festexos. 

Para a sorpresa dese día contamos cunha tenda que colabora connosco ofrecéndonos desinteresadamente uns dos seus servizos.

Moitas grazas !!
Atentamente Anpa Aturuxo 
ANPA ATURUXO

ESTIMADOS PAIS, NAIS E TUTORES:

Primeiro agradecervos toda a colaboración ca ANPA ata o momento.
Precisamos 10 colaboradores pro día 24 de febreiro, festa do Entroido, que serán os primeiros dez que se apunten.
Quen queira apuntarse, pode facelo ata o luns 20 na mesa do conserxe, na lista que queda xunto do buzón de suxerencias da ANPA, que vos lembramos tedes á vosa disposición para facernos chegar as vosas suxerencias, queixas, ideas….

De novo darvos as grazas pola axuda.