BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Reserva fotos


Como todos os anos fixeronse as fotos do curso 2018/2019 para as orlas e a foto de clase.
 Para os cursos que se gradúan (6ºinfantil e 6º primaria) xunto ca orla entrégase foto de grupo e individual d@ nen@.

Orlas
Prezo socio: 9€
Prezo non socio 15€

Foto de grupo do resto de clases

Prezo socio: 3€
Prezo non socio:8 €

Entregar cuberto e firmado ata o vindeiro venres 31 maio
As fotos cobraranse no salón de actos os días:
Martes 4 de xuño de 13:00-14:00 e de 16:30-1

Axudas libros de texto e material curso 2019/2020

O DOG de hoxe luns, 20 de maio, publica a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos 
públicos, para o curso escolar 2019/20.

Adxuntamos o devandito DOG xunto coa ligazón agardando sexa do voso interes. 

Agradecimiento maios 2019

Como ben cantaron os nenos e nenas do colexio esta mañá :  ” Xa chegan os nenos do Julio gurriarán para cantar as coplas imos comenzar o maio fermoso acaba de chegar e un montón de coplas imos recitar, xa chegou o maio fermoso e florido” e xunto cos maios e con  estas coplas chegaron tamén os premios. NORABOA RAPACES E RAPAZAS por escribir e cantar esas coplas e sobretodo noraboa porque vos sodes os gañadores destes premios, xa que vos sodes quen desfrutades deles.
Moitas grazas a todas as mamis e papis  que nos axudaron na elaboración dos Maios e as TRES mamis que aportaron  material e sobretodo moitas grazas ás profes que viñeron a pelexar cas xestas e ca grapadora para vestir o Maio enxebre, ás que se quiemaron os dedos co Maio artístico e a profe que igual che viste un pescador que che viste unha cruz. Moitas grazas a todas un anaquiño dos premios tamén son vosos.
Queremos facer unha mención especial á dirección do centro que sempre están dispostos a axudar ben sexa na elaboración dos Maios, na composición das coplas, nos ensaios cos nenos e nenas e no canto esta mañá das coplas, grazas Mari Luz e Nacho.
E grazas ós avós, avoas, profes, mamis, papis e demáis familia e achegados que esta mañá “depositaron o seu voto” conseguindo así acadar o premio do voto popular. Todos, família e colexio traballamos co mesmo fin: os nenos e nenas.
UNIDOS SOMOS MÁIS FORTES, UNIDOS SOMOS O JULIO GURRIARÁN