BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Desfiles comparsa 2019




Ehí vai, ehí vai, ehí vai o carnaval tan bonito como era e deixarono escapar.        Graciñas a tod@s por facer  ca comparsa da Anpa Aturuxo sexa de novo a máis numerosa de todas. Graciñas porque sen vos esto non sería posible. Graciñas a eses papis e mamis que sempre están  dispostos a enfundarse un traxe (ben sexa en Rubiá ou no Barco ou en ambos sitios) ou a amarrarse a unha pancarta ou a un estandarte para pasalo ben. E sobretodo graciñas a eses pequenos valientes que se animaron a sair e a mollarse, graciñas aos salseros, rockeros,heavys, hippies e todos eses Dany Suco e Sindy graciñas a todos por encher de color e alegría a  comparsa,  TODO ISTO É POR E PARA VOS.   VIVA O ENTROIDO E VIVA A ANPA ATURUXO DO CEIP JULIO GURRIARÁN.

video 































RUBIÁ