BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Decoracion



 E así de bonita luce a árbore de Nadal que graciñas aos adornos dos nenos e nenas e as caixas de ovos que pintaron logramos montar. 

Felicidades a todos e todas pola colaboración esta é a maneira que ten a ANPA ATURUXO de recibir o Nadal

 Bo Nadal a tod@s







Esta noite viñeron os paxes reales ao cole e deixaron instalado o Buzón Real para que tod@s @s nen@s que o desexen depositen as suas cartas cos seus desexos.

Moitas grazas Suas Maxestades por acordarvos de tod@s nos.

Exposición


Xa temos no cole a exposición do proxecto "Escola libre de Violencias Machistas. Educando en valores, educando en Igualdade". Esperamos e desexamos que tod@s disfrutemos dela. En breve anunciará o cole o horario de visita da exposición para os pais e nais.













Axudas económicas ás familias numerosas para estadías de fin de semana nas estacións de montaña


| Axudas económicas ás familias numerosas para estadías de fin de semana nas estacións de montaña

Normativa

Obxecto

Conceder de axudas económicas en modalidade de pagamento único para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da CA de Galicia destinadas ás familias numerosas de Galicia.
Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a composta por todos os membros que figuran no título de familia numerosa.

Tipo de axuda

As axudas convocadas teñen como finalidade sufragar parte dos gastos das ditas estadías e consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os nenos e nenas de 12 anos ou máis e adultos, e de 37,50 € para os menores de 12 anos.

Persoas beneficiarias

As familias numerosas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Para os efectos desta orde enténdese por unidade familiar a composta por todos os membros que figuran no título de familia numerosa.

Requisitos

Ademais dos requisitos do artigo 10 da Lei Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, será necesario cumprir os seguintes:
  1. Que a persoa solicitante forme parte dunha unidade familiar considerada como numerosa, segundo o establecido no artigo 2 da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas, e no artigo 10 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
  2. Residir na CA de Galicia.
  3. Que o título de familia numerosa estea en vigor na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  4. Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.500 € anuais.

Documentación

  1. Anexo II cuberto e asinado polo/a cónxuxe ou parella, de ser o caso.
  2. Certificado de convivencia ou de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar dunha antigüidade máxima de 6 meses.
  3. Copia do título de familia numerosa, no caso de non fora expedido pola CA de Galicia.

Lugar de presentación

    Prazo de presentación

    Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG. Ata o 2 de decembro de 2019

    Importante Socios




    A todas as persoas que entregaron a foto sen ficha, a ficha sen o pago do cuota e os que pagaron e non entregaron ficha nin foto e queiran o carné de socio. Rogamos que nos entreguen  antes do vindeiro 30 de outubro. NON se farán mais carné de socio a partir de esa fecha.

    Moitas gracias 

    Obradoiro decoración de cabazas




    O luns día 7 comenzamos con inglés de infantil. Para o resto de actividades actualizamos o blog o fin de semana 

    Información das Extraescolares



    A data límite para anotarse as extraescolares é o Xoves dia 3 outubro de 2019 para poder formar os grupos e poder comenzar así o luns día 7.

    Erro no Horario extraescolares




    Hai un erro no horario das extraescolares. O horario de Novas tecnoloxias válido é o que pon na ficha de inscripción do concello. Luns de 16 a 17 horas para cuarto, quinto e sexto de primaria e os mércores de 16 a 17 horas para primeiro, segundo e terceiro de primaria.

    Fotos convivencia Anpa Aturuxo


    Xa? Sí, xa se nos foi outro curso escolar!!!
    Boa sinal, cando se pasa ben, cando se divirte un, o tempo pasa voando.
    E iso foi o que aconteceu o mércores 19 na convivencia familiar que celebramos no cole. Entre risas, subidas, baixadas, saltos, merendolae molladura pasousenos a tarde en un plis plas.

    Moitas Grazas a tod@s os que vos acercasteis desexamos co pasarades pipa xa que esa e emprer a nosa intención, facer as cousas o mellor posible.

    Quedamosnos con unha frase que escoitamos cando se cerrou a mangueira "Mami como me moló" e a nos molounos ver os nenos bailar, comer, rir e pasalo xenial.

     Ata o curso que ven.......