BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Maios



Esta mañá comezamos a realización dos maios.

Na hora do patio algúns alumnos/as tiñan curioisidade por saber como se realizaba un maio e colaborarón connosco, gústoulles moito!!!!

Mañá sábado continuamos coa súa realización, a partir das 10:00h.



Sábado 29 Abril 

Durante  todo o  día de hoxe  continuamos coa realización do maio. Tivemos  intres de tensións,risas,moito traballo, pero o mellor a compañía  e o bo intre  que pasamos facendo. Grazas a todos os que nos acompañasteis .

Mañá ultimamos detalles....... pola tarde!!! 

Domingo 30 Abril

Hoxe á tarde tocou rematar os maios, carreiras de última hora en busca de flores, traballo con frío pero satisfacción polo resultado.



Luns 1 Maio

Ultimísimos retoques, traslado, exposición, momentos de nervios e moita ilusión para o que sería un gran final.




A unión fixo forza!!




Campaña de Verán






Xa están en marcha os campamentos de verán que oferta a Xunta. Os nenos e nenas nados entre o 2008 e 1999 residentes en Galicia poden participar na 
Campaña de Verán 2017
As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar nesta convocatoria cumprindo unhos requisitos.

O prazo de inscripción remata o 2 de maio

Para máis información acceder a páxina web

NOTA INFORMATIVA





Estimados nais, pais:

Debido ao pouco caso que nos fai o conselleiro no tema do pavillón, estamos buscando distintas formas de facernos escoitar. O compromiso do concello témolo  fáltanos o da Xunta.

Por iso solicitamos a todas as familias do centro un esforzo para que de unha vez por todas o próximo curso comecen as obras do pavillón. Dámosvos unhas opcións para poder votar e dar suxestións, o pavillón é de todos.

Nestes días recibiredes unha enquisa para entregar a cada tutor antes do vindeiro 28 de abril de 2017

Novas dos maios




Despois de unha mañá de traballo para ter todo listo  para o venres 28 a partir  das 16:00 h.
 Aproveitamos para comunicarvos que:
Grazas a colaboración  xa non necesitamos periódicos, pero seguimos precisando  a vosa axuda para a realización  do maio e para aportación de follas,xestas,musgo  e flores , felgos.

OS MAIOS





Os maios celebraranse como todos os anos o día 1 Maio. Precisamos a colaboración de todos os socios para a realización do mesmo.

Necesitamos:
  •   Xestas
  • Musgo
  •  Follas
  • Flores de todo tipo
  • Felgos
  • Periódicos vellos

Empezarase a súa realización o venres 28 de tarde,sábado de maña para facer as estruturas.
Participarase no artístico reivindicando o pavillón e no enxebre, ademais de cestas decoradas.
Esperamos a vosa colaboración.

Recordamos que a unión fai a forza.

Grazas 

INTERESANTE!!!!!!!

Os nenos do cole están a facer moitas actividades interesantes e divertidas non deixedes de visitar o Facebook do cole.