BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Os nenos e nenas de primaria teñen unha mañá movidiña e divertida a partid das 11.30 horas da mañá van sair a rúa e  van celebrar a novena edición do “Día da Educación Física na rúa”. Sairán ata a praza do concello e alí farán diferentes exercicios e xogos  promovendo así un estilo de vida saúdable ao mesmo tempo que desfrutan xogando e facendo deporte tod@s xunt@s.
Moi boa iniciativa!!! Xogade moito e pasadeo moi ben o exercicio físico é moi importante.

Maios 2019

         MAIOS 2019

O vindeiro día 1 de maio vamos participar na festividade dos Maios que organiza o concello coa elaboración de dous maios , un artístico e outro enxebre. Para elo precisamos da colaboración de todos vós tanto para a elaboración dos maios coma con aportación de flores   ( rosas,calas…), musgo, xestas ( de varias cores para o maio enxebre), carrabouxos, conchos, naranxas, limóns, follas de peche, follas de cala e felgos.
Como  o domingo 28 de abril debido as eleccións o colexio permanecerá aberto podedes aproveitar para deixar  o material no patio cuberto. O luns 29 e o martes 30 a partir das 16.30 horas estaremos no patio do colexio para facer os maios. Precísase colaboración
Moitas grazas.