BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Felicitación zumba


@s alumn@s máis marchos@s do cole queren felicitarvos as festas dunha maneira moi zumbera. Graciñas nen@s seguide desfruratando




NADAL


Para dar a benvida o Nadal @s nen@s do cole recibiron unha visita moi especial, as súas Maxestades os Reis Magos e Papá Noel fixeron unha parada no Ceip Julio Gurriarán para escoitar as peticións que lle tiñan que decir @s nen@s e para recoller as cartas que lle escribiran e de paso agasallaron aos nen@s cunhas chuches.

Moita maxia e moita ilusión respirábase nos pasillos e nas aulas do cole.


A ANPA ATURUXO deséxavos que teñades un bo remate de ano e un mellor comenzo do 2.019. Boas vacacións e BO NADAL.


VIDEO DE FOTOS




Sorteo Adornos Nadal


Xa temos moitísimos adornos para decorar o cole e recibir o Nadal. Moitas grazas a tod@s @s artistas hai verdadeiras chuladas. Vamos deixar o cole monísimo. Graciñas
E moita sorte a tod@s













Estimados pais,nais e titores d@s alumn@s usuarios do servizo de comedor tras a reunión do día 19 de novembro acordouse realizar un escrito á consellería solicitando unha serie de melloras e cambios nos menús. Xunto co escrito vanse recoller firmas, para envíalas tamén, os pais d@s nen@s usuari@s do comedor. Para que a consellería nos faga caso é necesario recoller o maior número de firmas posible, pregamos que vos impliquedes. O escrito e os papeis para recoller firmas estarán na mesa do conserxe a partir do xoves 22. Procurade non interrumpir na medida do posible as entradas e saídas dos nenos. 

Graciñas 

Samain No Concello




O mércores 31 de outubro levaránse a cabo na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán diversos actos polo Samaín.

18:00h
 Festa de Medo na Biblioteca.
-Actividade de Animación á lectura, partindo da exposición de personaxes de medo realizada polos alumnos de 6º de Primaria dos centros escolares do Barco es que está aberta na propia biblioteca.  Asistirán alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º.
-Festa con animación: Pintacaras, fotomatón, un contacontos da man de dous alumnos do Martaguisela do grupo de teatro ( Zoe Ramos e Miguel Ortiz) e os malabares de Guti González.

21:00h.-
 Noite de Medo na Biblioteca.
Campamento na biblioteca para os nenos/as de entre 5 e 9 anos. Haberá unha cea temática, diferentes xogos e sorpresas e unha película de medo, pero para todos os públicos. Esa noite os nenos durmirán na Biblioteca. Para esta actividade é precisa inscrición (na propia Biblioteca, entre o 25 e o 30 de outubro).

Información socios


Os vindeiros mércores 24 e xoves 25 de outubro estaremos no salón de actos do colexio en horario de 17.00 a 18.30h para a venta de sudaderas e camisetas do cole tanto para os nov@s alumn@s de infantil como para tod@ alumn@ que a queira mercar. Os prezos do pack (camiseta+sudadera) son: SOCIO 20€     NON SOCIO 25€


Tod@s aqueles soci@s que se queiran beneficiar dos descontos das TENDAS AMIGAS da ANPA teñen de prazo ata o xoves 25 para facernos entrega da foto do alumn@ para poder facer o carné. Este ano só se farán os carnés agora polo ano adiante non se farán máis carnés. Grazas.

MODIFICAION HORARIO


No horario da actividades extraescolares ten un erro. A actividade NOVAS TECNOLOXÍAS o seu horario é:

Luns 16:00-17:00h (4º,5º,6º ed primaria)
Mércores 16:00-17:00h(1º,2º.3º ed primaria)

Na página principal  do blog ,en descargas podedes proceder a súa descarga

Disculpa por as molestias ocasionadas 



Prezados país, nai, tutores

Comeza un novo curso escolar e con él novos proxectos e novas ilusións. Este ano seguiremos intentando facer todo o posible para poder ofrecerlle @s nen@s do Julio Gurriarán  novas actividades,actuacions e colaborar co colexio para que poden gozar de educación que merecen.

"O ÉXITO É A SUMA DE PEQUENOS ESFORZOS" 


Axudas para infantil do concello de O Barco


O Concello de O Barco de Valdeorras ven de sacar unhas axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar cara ao curso 2018/19.  Adxutamos o BOP e o enlace onde tedes toda a información

Colaboradoras



ANPA ATURUXO

PRECÍSANSE 10 NAIS OU PAIS SOCI@S QUE COLABOREN NA FESTA DE FIN DE CURSO QUE ORGANIZA A ANPA O VINDEIRO DÍA XOVES 14. 
O LUNS A MAÑÁ HABERÁ UNHA LISTA NA MESA DO CONSERXE PARA APUNTARSE. 
GRAZAS.

Festa fin de curso







Agradecementos Maios 2018



Como decía Lina Morgan “agradecida y emocionada solamente puedo decir gracias por venir”.

Así é como se sinte a directiva da ANPA ATURUXO.

Todo esforzo, todo traballo ten a sua recompensa moitímas grazas a todos os que axudasteis a conseguir os 4 premios que acadamos esta tarde, os que elaboraron os maios, os que trouxeron material, os portadores dos maios… todos de verdade moitas grazas. Queremos facer unha mención especial ás costureiras do maio enxebre, quedades condecoradas co DEDAL DE OURO.

Outra mención especial aos nenos eses artistas que elaboraron as coplas e que logo tan ben as souperon cantar. Grazas a Nacho e Mari Luz, os nosos profes de música que ensaiaron con eles e os acompañaron esta mañá, un anaco do premio das coplas tamén é voso.

Como xa dixemos unha vez SE CREMOS, CREAMOS, nos cremos que os nenos do Julio Gurriarán merecen moito e por eso creamos para poder ofrecerllo, por eso nos metimos nesta aventura…por eles.

MOITISIMAS GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS NESTA AVENTURA

Video





Maio 2018


Xa chegou o día, despois dun día…interesante o de onte, por non dicir estresante (ja,ja, ja)xa van os nosos maios a desfilar. Nervios, estrés e risas un coctail de adrenalina perfecto para levar a cabo un traballo maravilloso.

Queremos agradecer ás persoas que nos axudaron tanto aportando material como na elaboración porque temos unha cousa moi clara sen eles non sería posible levar a cabo a realización dos maios. 

Queremos agradecerlle ao cole o seu apoio incondicional tamén temos moi claro que todos somos o Julio Gurriarán.
Bueno e agora a por todas, nenos e nenas preparade esas voces para cantar as coplas O JULIO GURRIARÁN xa chegou.

MOITAS GRAZAS
























Video coplas





Maios 2018



Xa temos eiquí os maios outra vez e temos a mesma ilusión co ano pasado. 
Queremos dar as grazas a aqueles negocios que colaboraron anunciándose nas coplas do cole.
Aproveitamos para animar a tódol@s nen@s a que vaian o día 1 a cantar as coplas, o ano pasado pasámolo moi ben, este non vai ser menos. E tamén aos papis e mamis e a todos os que queirades estades convidados o luns 31 a votarnos unha man na elaboración dos maios, que tamén se pasan uns ratiños divertidos. 
MOITAS GRAZAS A TOD@S ESTO NON SERÍA POSIBLE SEN A VOSA COLABORACIÓN.


CONCURSO PLAY-DOH

Hoxe a partir das 16.00 horas ata as 19.00 horas temos o concurso de Play-Doh, podedes pasar no horario que máis vos conveña.
Queremos recordarlle a tódolos socios da Anpa Aturuxo  inscritos no concurso que non vos esquezades de vir a pasalo pipa e  a facer as vosas obras de arte.

Camisetas


SÓ PARA OS ADULTOS QUE DESEXAN COMPRAR AS SUDADEIRAS
Para os adultos non é obligatorio comprar sudadeira e camiseta poderase comprar por separado. 

  • PARA OS PAPIS/MAMIS  QUE SON SOCIOS  
  • Camiseta:6€
  • Sudadeira:10€

  •  PARA OS PAIS/NAIS QUE NON SON SOCIOS
  • Camiseta: 7€
  • Sudadeira 12€
 Recordamos que o vindeiro venres 9 de marzo vaise proceder a realizar o pedido das camisetas e sudadeiras.SÓ SE VAI FACER ESTE PEDIDO.

A forma de pago é a mesma que a dos nen@s

Concurso de Play- doh


Queremos recordar aos socios que está en marcha o concurso de Play- doh para o vindeiro 7 de marzo. Por se algún socio deixou a nota na mochila aquí tedes o tríptico



ENTROIDO

Había una vez un circo, que alegraba siempre el corazón, lleno de color, un mundo de ilusión lleno de alegría y emoción

Así resumimos a tarde de hoxe 

ALEGRÍA E EMOCIÓN


Solo vos podemos dicir MOITAS GRAZAS a tod@s por vir, está claro que sen vos esto non sería posible.

Ese Julio como mola se merece una ola
oeeeeeeeeeeeeeeeeeeee!!!!!!!







































Rubiá