BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Concurso debuxo escolares galegos



Texto e imaxe copiados do períodico O Sil

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) vén de convocar un concurso de debuxos para todos os escolares galegos. A finalidade é que “poidan amosar o agradecemento aos corpos e forzas de seguridade, e que mediante o debuxo os nenos e nenas poidan trasmitirlle ánimos tanto á Policía Nacional, Policía Local, Policía Autonómica e Garda Civil, os cales reciben formación permanente na Academia”, segundo a AGASP.
A temática do concurso é completamente libre, os rapaces poderán plasmar no debuxo o que eles queiran trasmitirlle aos axentes e o único requisito é que poñan o cancelo #ConVosEstamosSeguros. O obxectivo do concurso é que mediante “esta iniciativa os rapaces poñan en valor a gratitude aos corpos e forzas de seguridade e ao mesmo tempo que contribúa a que pasen estes días de confinamento un pouco mais entretenidos”.
Poderán participar neste concurso todos os nenos e nenas galegos. Haberá categorías segundo o nivel educativo. Así establécense 6 premios, un para Infantil, dous para Educación Primaria, por una banda os nenos de 1º a 3º e por outra banda os de 4º a 6ª, e o mesmo cos estudantes da ESO, haberá dúas categorías, os rapaces de 1º e 2º e por outra banda os de 3º e 4º. E finalmente os estudantes de Bacharelato que igual que os de Infantil teñen cada un, unha categoría.
Os premios de cada unha das categorías é que o gañador poida facer xunto a toda súa clase unha visita guiada á Academia, onde tamén están recibindo formación os policías e gardas civís, poidendo participar con eles nalgunha das clase e que así poidan coñecer de preto aos axentes que reciben a formación na Academia.
Poderá presentarse unha obra por concursante en tamaño A4 e poderá ser realizada en calquera modalidade, con lápiz, tinta china, estilográfica, rotuladores, pinturas, ceras. Cada neno poderá facelo como queira. O estilo é completamente libre. O único é que ten que levar o cancelo #ConVosEstamosSeguros.
O prazo de presentación de traballos
O prazo de presentación dos debuxos comeza mañá e remata o vindeiro venres 17 de abril. Os debuxos poderán ser remitidos á Academia mediante unha foto do mesmo que se pode mandar por correo electrónico ao seguinte enderezo formacion.agasp@xunta.gal, indicando o nome completo do neno ou nena, o nivel educativo ao que pertence, así como o colexio ao que asiste.



No hay comentarios:

Publicar un comentario