BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

CAMISETAS





Unha das propostas que tivo moi boa aceptación na primeira reunión que  fixo o ano pasado esta directiva c@s soci@s foi a de facer unas camisetas, de tal forma que cando o colexio realice excursións, saídas, participe en diferentes eventos  se podan identificar de maneira rápida aos nenos e nenas do CEIP PLURILINGÜE JULIO GURRIARÁN.

O colexio pasou hoxe unha nota onde debedes de apuntar o nome d@ nen@ e a talla que queredes.

As tallas son 3/4, 5/6, 7/8, 9/10 e 11/12.


Moitas grazas a tod@s