BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

PRESENTACIÓN

Grazas a todos pola benvida, en especial a o equipo directivo do colexio e á anterior directiva da Anpa pola axuda e apoio que nos están a dar.

Deixámosvos por aquí a nosa carta de presentación para que nos vaiades coñecendo.

¡¡ESTE CURSO MÁIS QUE NUNCA PRECISAMOS O APOIO DE TODOS!!


¡¡ANÍMATE A COLABORAR!!


¡¡AGARDÁMOSTE!!
 



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario