BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Exposición


Xa temos no cole a exposición do proxecto "Escola libre de Violencias Machistas. Educando en valores, educando en Igualdade". Esperamos e desexamos que tod@s disfrutemos dela. En breve anunciará o cole o horario de visita da exposición para os pais e nais.













2 comentarios: