BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Axudas económicas ás familias numerosas para estadías de fin de semana nas estacións de montaña


| Axudas económicas ás familias numerosas para estadías de fin de semana nas estacións de montaña

Normativa

Obxecto

Conceder de axudas económicas en modalidade de pagamento único para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da CA de Galicia destinadas ás familias numerosas de Galicia.
Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a composta por todos os membros que figuran no título de familia numerosa.

Tipo de axuda

As axudas convocadas teñen como finalidade sufragar parte dos gastos das ditas estadías e consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os nenos e nenas de 12 anos ou máis e adultos, e de 37,50 € para os menores de 12 anos.

Persoas beneficiarias

As familias numerosas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Para os efectos desta orde enténdese por unidade familiar a composta por todos os membros que figuran no título de familia numerosa.

Requisitos

Ademais dos requisitos do artigo 10 da Lei Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, será necesario cumprir os seguintes:
  1. Que a persoa solicitante forme parte dunha unidade familiar considerada como numerosa, segundo o establecido no artigo 2 da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas, e no artigo 10 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
  2. Residir na CA de Galicia.
  3. Que o título de familia numerosa estea en vigor na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  4. Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.500 € anuais.

Documentación

  1. Anexo II cuberto e asinado polo/a cónxuxe ou parella, de ser o caso.
  2. Certificado de convivencia ou de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar dunha antigüidade máxima de 6 meses.
  3. Copia do título de familia numerosa, no caso de non fora expedido pola CA de Galicia.

Lugar de presentación

    Prazo de presentación

    Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG. Ata o 2 de decembro de 2019

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario