BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Samain No Concello




O mércores 31 de outubro levaránse a cabo na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán diversos actos polo Samaín.

18:00h
 Festa de Medo na Biblioteca.
-Actividade de Animación á lectura, partindo da exposición de personaxes de medo realizada polos alumnos de 6º de Primaria dos centros escolares do Barco es que está aberta na propia biblioteca.  Asistirán alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º.
-Festa con animación: Pintacaras, fotomatón, un contacontos da man de dous alumnos do Martaguisela do grupo de teatro ( Zoe Ramos e Miguel Ortiz) e os malabares de Guti González.

21:00h.-
 Noite de Medo na Biblioteca.
Campamento na biblioteca para os nenos/as de entre 5 e 9 anos. Haberá unha cea temática, diferentes xogos e sorpresas e unha película de medo, pero para todos os públicos. Esa noite os nenos durmirán na Biblioteca. Para esta actividade é precisa inscrición (na propia Biblioteca, entre o 25 e o 30 de outubro).

2 comentarios: