O mércores 31 de outubro levaránse a cabo na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán diversos actos polo Samaín.
18:00h.
Festa de Medo na Biblioteca.
-Actividade de Animación á lectura, partindo da exposición de personaxes de medo realizada polos alumnos de 6º de Primaria dos centros escolares do Barco es que está aberta na propia biblioteca. Asistirán alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º.
-Festa con animación: Pintacaras, fotomatón, un contacontos da man de dous alumnos do Martaguisela do grupo de teatro ( Zoe Ramos e Miguel Ortiz) e os malabares de Guti González.
21:00h.-
Noite de Medo na Biblioteca.
Campamento na biblioteca para os nenos/as de entre 5 e 9 anos. Haberá unha cea temática, diferentes xogos e sorpresas e unha película de medo, pero para todos os públicos. Esa noite os nenos durmirán na Biblioteca. Para esta actividade é precisa inscrición (na propia Biblioteca, entre o 25 e o 30 de outubro).
Alí estaremos. Grazas pola información.
ResponderEliminar👏👏
ResponderEliminar