BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Maios



Esta mañá comezamos a realización dos maios.

Na hora do patio algúns alumnos/as tiñan curioisidade por saber como se realizaba un maio e colaborarón connosco, gústoulles moito!!!!

Mañá sábado continuamos coa súa realización, a partir das 10:00h.



Sábado 29 Abril 

Durante  todo o  día de hoxe  continuamos coa realización do maio. Tivemos  intres de tensións,risas,moito traballo, pero o mellor a compañía  e o bo intre  que pasamos facendo. Grazas a todos os que nos acompañasteis .

Mañá ultimamos detalles....... pola tarde!!! 

Domingo 30 Abril

Hoxe á tarde tocou rematar os maios, carreiras de última hora en busca de flores, traballo con frío pero satisfacción polo resultado.



Luns 1 Maio

Ultimísimos retoques, traslado, exposición, momentos de nervios e moita ilusión para o que sería un gran final.




A unión fixo forza!!




2 comentarios:

  1. Moi bo traballo! Noraboa!
    Espero que hoxe no certame de Maios teñades moita sorte e acadedes un dos primeiros premios!

    ResponderEliminar
  2. Genialllll, ese Julio como mola se merece otra ola

    ResponderEliminar