BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

NOTA INFORMATIVA





Estimados nais, pais:

Debido ao pouco caso que nos fai o conselleiro no tema do pavillón, estamos buscando distintas formas de facernos escoitar. O compromiso do concello témolo  fáltanos o da Xunta.

Por iso solicitamos a todas as familias do centro un esforzo para que de unha vez por todas o próximo curso comecen as obras do pavillón. Dámosvos unhas opcións para poder votar e dar suxestións, o pavillón é de todos.

Nestes días recibiredes unha enquisa para entregar a cada tutor antes do vindeiro 28 de abril de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario