BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Fotos comparsa


Outro entroido que se foi e outro desfile onde bailamos, cantamos e case desesperamos!!! 😂😂. Pero o que conta é co pasamos pipa!!! Graciñas ás mamis e papis que levaron os estandartes, menos mal que este ano nos axudaban os superpoderes a tirar deles. Graciñas a todos os nenos e nenas, papis e mamis e demáis familia que se achegaron a desfilar.
Unha mención especial a anpa do Condesa de Fenosa que nos suministrou corriente para poder bailotear.
Viva o entroido!!!!!!!
viva o Julio Gurriarán!!!!!!!e
viva a Anpa Aturuxo!!!!



















1 comentario: