BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Agradecimiento maios 2019

Como ben cantaron os nenos e nenas do colexio esta mañá :  ” Xa chegan os nenos do Julio gurriarán para cantar as coplas imos comenzar o maio fermoso acaba de chegar e un montón de coplas imos recitar, xa chegou o maio fermoso e florido” e xunto cos maios e con  estas coplas chegaron tamén os premios. NORABOA RAPACES E RAPAZAS por escribir e cantar esas coplas e sobretodo noraboa porque vos sodes os gañadores destes premios, xa que vos sodes quen desfrutades deles.
Moitas grazas a todas as mamis e papis  que nos axudaron na elaboración dos Maios e as TRES mamis que aportaron  material e sobretodo moitas grazas ás profes que viñeron a pelexar cas xestas e ca grapadora para vestir o Maio enxebre, ás que se quiemaron os dedos co Maio artístico e a profe que igual che viste un pescador que che viste unha cruz. Moitas grazas a todas un anaquiño dos premios tamén son vosos.
Queremos facer unha mención especial á dirección do centro que sempre están dispostos a axudar ben sexa na elaboración dos Maios, na composición das coplas, nos ensaios cos nenos e nenas e no canto esta mañá das coplas, grazas Mari Luz e Nacho.
E grazas ós avós, avoas, profes, mamis, papis e demáis familia e achegados que esta mañá “depositaron o seu voto” conseguindo así acadar o premio do voto popular. Todos, família e colexio traballamos co mesmo fin: os nenos e nenas.
UNIDOS SOMOS MÁIS FORTES, UNIDOS SOMOS O JULIO GURRIARÁN




















5 comentarios:

  1. Oleeeeeee vivan os maios, viva o Julio Gurriarán e viva a Anpa Aturuxo

    ResponderEliminar
  2. Gracias por todo o voso esforzo e por un fantastico traballo, solo hai que ver o resultado. Noraboa.😘😘😘

    ResponderEliminar
  3. Bo traballo!Noraboa a tod@s! O esforzo tivo recompensa :)

    ResponderEliminar
  4. Noraboa a tod@s!! Un ano mais un éxito!! Sodes un exemplo de traballo e dedicación. A pesar da pouca axuda e colaboración deste ano, non perdedes a ilusión. Seguide así!! Non vos desanimedes, moita xente aprecia o voso traballo.

    ResponderEliminar
  5. Enhorabuena!!! Quedó muy bien como todos los años 👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻

    ResponderEliminar