BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Folga xeral


Informámoslles da folga xeral do ensino convocada o vindeiro 9 Marzo de 2017, na que se reivindica, entre outras:
  •            Derroga-la LOMCE e nova lei do ensino
  •             Non os recortes, máis investimentos

Dende este ANPA, NON apoiámo-la folga,a menos que a maioría de socios non estén de acordo con esta decisión e nos fagan saber sí están a favor da folga e que van a participar de maneira activa nela, xa que o que se está reivindicando atópase agora mesmo nunha mesa de traballo, tal e como se indica no comunicado que se vos adxunta asinado pola CONFAPA Galicia, federación na que este ANPA está asociada a través de FAPA Ourense.
Para maís información:
Comunicado folga

5 comentarios:

  1. Ben explicado ahora que cada un obte pola opción que considere máis oportuna.gracias pola molestia de informar

    ResponderEliminar
  2. Entonces que se debe hacer .....

    ResponderEliminar
  3. A Federación Provincial de Asociacións de Nais e Pais de Colexios Publicos de Ourense (FAPA OURENSE),na súa web:http://www.fapaourense.es/ Sí que convoca a ir á folga, extracto textual da súa web.
    "Convocatoria de Folga para o 9 de marzo

    09/02/2017 por fapaourense

    A PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA CONVOCA FOLGA NO SECTOR EDUCATIVO O 9 DE MARZO

    A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, da que forman parte as organizacións CONFAPA- GALICIA, FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, Sindicato de Estudantes, ESCOLA VIVA e IESGA, máis STEG, facemos un chamamento á folga a toda a comunidade educativa o vindeiro 9 de marzo."
    Ademáis, eu creo que, independientemente do que diga a CONFAPA, o lóxico e facer unha reunión con tempo, informar aos pais dos motivos da folga e logo que eles decidan.
    A excusa da CONFAPA de que está nunha mesa de traballo, é peregrina, todos sabemos de que levan nas mesas dende que se aprobou a LOMCE e por ese camiño non se conseguiu nada.
    Como vedes unha federación de ANPAS dí , non a folga é a outra o contrario, eu creo que A ANPA (ATURUXO), non se debería POSICIONAR NUN SENTIDO NIN NO OUTRO, ANTES DE FALAR COS PAIS-NAIS .

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas pola túa valoración persoal. Como xa saberás constituímonos fai pouco e temos que afrontar varios problemas, é certo, chegamos novamente tarde, como ó entroido, ás subvencións...
      A nós chegounos a información o luns 6 de marzo ca decisión de COFAPA( según o comunicado que colgamos emitido o 20 de febreiro) de non secundar a folga. E tamén se falou co presidente da federación de anpas de Ourense, non foi unha decisión a lixeira. Sabemos que o procedemento sería facer unha reunión extraordinaria con participación dos socios e votacións pero foinos temporalmente imposible. En caso de seguiren as folgas faránse as cousas con tempo.
      Pedimos disculpas pola inexperiencia, pero fíxose con boa intención.
      Un saludo, atentamente.
      ANPA

      Eliminar