BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Maios 2018



Xa temos eiquí os maios outra vez e temos a mesma ilusión co ano pasado. 
Queremos dar as grazas a aqueles negocios que colaboraron anunciándose nas coplas do cole.
Aproveitamos para animar a tódol@s nen@s a que vaian o día 1 a cantar as coplas, o ano pasado pasámolo moi ben, este non vai ser menos. E tamén aos papis e mamis e a todos os que queirades estades convidados o luns 31 a votarnos unha man na elaboración dos maios, que tamén se pasan uns ratiños divertidos. 
MOITAS GRAZAS A TOD@S ESTO NON SERÍA POSIBLE SEN A VOSA COLABORACIÓN.


2 comentarios: