BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

CONCURSO PLAY-DOH

Hoxe a partir das 16.00 horas ata as 19.00 horas temos o concurso de Play-Doh, podedes pasar no horario que máis vos conveña.
Queremos recordarlle a tódolos socios da Anpa Aturuxo  inscritos no concurso que non vos esquezades de vir a pasalo pipa e  a facer as vosas obras de arte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario