BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

MAGOSTO 2017

Que mañá máis entretida tiveron @s nos@s nen@s do CEIP Julio Gurriarán, ¿Sabedes porqué? Porque celebraron O MAGOSTO. @s profes organizaron mogollón de xogos divertidos, carreiras de sacos, xogo do pano,carreiras por parellas.........
E despois de tanto desgaste...... recargar as pilas cos bullós que tan ricamente nos asou o conserxe. Noraboa Ervigio estaban boisimos.
E de postre........... o ANPA Aturuxo coa colaboración do cole ofreceu unha Chourizada que estaba.......... mmm que ricos eses chourizos Marucho,quedaron no seu punto para asar. Acompañsdos do pan que a nosa compañeira Alicia nos preparou.

Vale xa non damos máis envidia.

Darlle as grazas as profes que nos votaron unha man cos bocatas, a Ervigio por asalos,ao cole por colaborar con nós e a vos a todos os socios porque sen vos isto non sería posible.










































5 comentarios:

  1. Ricos no...lo siguiente. Todo muy rico y muy abundante ja ja ja.

    ResponderEliminar
  2. Gracias a tod@s @s que fixesteis posible un magosto tan guay. As nenas viñeron para casa encantadas, e sin ganas de xantar jajajaja, porque seria. Po proximo ano mais.

    ResponderEliminar
  3. Moitas gracias Anpa pola vosa colaboración! Os chourizos estaban riquisimos! O próximo ano hai que repetir!.

    ResponderEliminar
  4. Grazas a todos os socios sen vos esto non sería posible!!!

    ResponderEliminar
  5. Noraboa e moitas grazas polo voso traballo, boa disposición e colaboración!!
    Moi ricos os chourizos, certo! :)

    ResponderEliminar