BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

PAVILLON


Érase que se era unha anpa tan implicada, uns papás tan ilusionados e unha comunidade educativa tan desexosa que se xuntaron un día para pedir, cantar e movilizarse para que o noso cole tivera un pavillón.
En febreiro comenzamos como a nova directiva da anpa Aturuxo e un dos obxectivos era lograr que o CEIP Julio Gurriarán tivera un pavillón. Despois de varios meses de traballo, reunións, chamadas telefónicas ao Concello e a Xunta, esta anpa e a comunidade educativa reuniuse hoxe coa xefa territorial de educación, acompañada polo secretario técnico da Consellería de educación, o inspector e o tenente alcade do Concello de O Barco para aprobar o proxecto final do pavillón. E dito e feito tódalas melloras que a anpa propuxo foron aceptadas e así nolo comunicaron.
En breve será realidade, nuns meses sairá publicado no DOGA (marzo do 2018 según a xefa territorial) e está previsto que en xuño se inicien as obras.
Esta anpa está moi ilusionada e contenta de que todo o noso esforzo  e traballo teña recompensa.

SE CREMOS, CREAMOS!

5 comentarios:

  1. Ekorabuens por vuestro esfuetzo y contanza. Hay luz al final del tunel.

    ResponderEliminar
  2. El que la sigue la consigue...gracias AMPA por vuestro esfuerzo

    ResponderEliminar
  3. Enhorabuena a todos los que lo hicisteis posible. Despues de todo vuestro esfuerzo y trabajo lo habeis logrado. Muchisimas gracias. A seguir trabajando, aunque esto ya no hay quien lo supere jajajaja

    ResponderEliminar
  4. Muchas gracias!!! Por vuestra dedicación y esfuerzo.

    ResponderEliminar