BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Comunicado Importante

  



Estimadas familias: Dirixímonos a vós, ante todo, para saber como estades. Desde este equipo esperamos que todos esteades ben. Son momentos difíciles para todos e sabendo que cada familia ten unha circunstancia distinta, non podemos facer outra cousa que felicitarvos a todos. Estamos orgullosos de tódolos  país e nais que saen a traballar, e tamén polos que quedan nas súas casas. E como non, ós nosos nenos e nenas, que eles si son uns CAMPIÓNS.
   Devandito isto, dicirvos que estamos en contacto co cole e cónstanos que están a tentar traballa-lo mellor que poden, poñéndolle corazón e ganas. Desde aí, transmítennos o seguinte: 
- ánimo e forza, isto pasará e volveredes ao cole. Estades a traballar moi ben e botámosvos de menos. O cole, baleiro, non nos gusta.
- Ás familias, non vos preocupedes polos contidos que non se dean en profundidade, o curso que vén, no primeiro trimestre, reforzaranse.
- Os que pasan de ciclo tamén eles repasarán. Pensamos nas familias nas que os seus fillos e fillas irán ó instituto. Están en contacto cos centros e os contidos volveranse dar. 
- Hai centros que, axudados por Protección Civil, foron entregando os libros ós alumnos. Cónstanos que o noso centro solicitouno, pero nestes momentos non se pode, son moitos alumnos e cada centro ten unhas características distintas.
- Infórmannos que por medio dos blogues tentan que os nenos estean ó día, pero sabemos dalgunhas dificultades.
- O cole está á vosa disposición. Tentamos “normalizar” na medida do posible, pero sabemos que non é fácil e, por iso, nós tamén nos adaptamos. 
Dámosvos as grazas polo bo comportamento das familias e animámosvos a seguir así.

   Un saúdo e, máis que nunca, A UNIÓN FAI A FORZA.

3 comentarios: