| Axudas económicas ás familias numerosas para estadías de fin de semana nas estacións de montaña
Normativa
Orde do 22 de outubro de 2019 pola que se convoca o procedemento para a concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma para o ano 2019 (DOG nº 208 do 31/10/2019) BS423D
Obxecto
Conceder de axudas económicas en modalidade de pagamento único para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da CA de Galicia destinadas ás familias numerosas de Galicia.
Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a composta por todos os membros que figuran no título de familia numerosa.
Tipo de axuda
As axudas convocadas teñen como finalidade sufragar parte dos gastos das ditas estadías e consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os nenos e nenas de 12 anos ou máis e adultos, e de 37,50 € para os menores de 12 anos.
Persoas beneficiarias
As familias numerosas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Para os efectos desta orde enténdese por unidade familiar a composta por todos os membros que figuran no título de familia numerosa.
Requisitos
Ademais dos requisitos do artigo 10 da Lei Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, será necesario cumprir os seguintes:
- Que a persoa solicitante forme parte dunha unidade familiar considerada como numerosa, segundo o establecido no artigo 2 da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas, e no artigo 10 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
- Residir na CA de Galicia.
- Que o título de familia numerosa estea en vigor na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
- Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.500 € anuais.
Documentación
- Anexo II cuberto e asinado polo/a cónxuxe ou parella, de ser o caso.
- Certificado de convivencia ou de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar dunha antigüidade máxima de 6 meses.
- Copia do título de familia numerosa, no caso de non fora expedido pola CA de Galicia.
Lugar de presentación
- Preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es
, - Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social
- En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de presentación
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG. Ata o 2 de decembro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario