BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.




Estimados pais,nais e titores d@s alumn@s usuarios do servizo de comedor tras a reunión do día 19 de novembro acordouse realizar un escrito á consellería solicitando unha serie de melloras e cambios nos menús. Xunto co escrito vanse recoller firmas, para envíalas tamén, os pais d@s nen@s usuari@s do comedor. Para que a consellería nos faga caso é necesario recoller o maior número de firmas posible, pregamos que vos impliquedes. O escrito e os papeis para recoller firmas estarán na mesa do conserxe a partir do xoves 22. Procurade non interrumpir na medida do posible as entradas e saídas dos nenos. 

Graciñas 

No hay comentarios:

Publicar un comentario