BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Agradecementos Maios 2018



Como decía Lina Morgan “agradecida y emocionada solamente puedo decir gracias por venir”.

Así é como se sinte a directiva da ANPA ATURUXO.

Todo esforzo, todo traballo ten a sua recompensa moitímas grazas a todos os que axudasteis a conseguir os 4 premios que acadamos esta tarde, os que elaboraron os maios, os que trouxeron material, os portadores dos maios… todos de verdade moitas grazas. Queremos facer unha mención especial ás costureiras do maio enxebre, quedades condecoradas co DEDAL DE OURO.

Outra mención especial aos nenos eses artistas que elaboraron as coplas e que logo tan ben as souperon cantar. Grazas a Nacho e Mari Luz, os nosos profes de música que ensaiaron con eles e os acompañaron esta mañá, un anaco do premio das coplas tamén é voso.

Como xa dixemos unha vez SE CREMOS, CREAMOS, nos cremos que os nenos do Julio Gurriarán merecen moito e por eso creamos para poder ofrecerllo, por eso nos metimos nesta aventura…por eles.

MOITISIMAS GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS NESTA AVENTURA

Video





5 comentarios: