BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Campaña de Verán






Xa están en marcha os campamentos de verán que oferta a Xunta. Os nenos e nenas nados entre o 2008 e 1999 residentes en Galicia poden participar na 
Campaña de Verán 2017
As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar nesta convocatoria cumprindo unhos requisitos.

O prazo de inscripción remata o 2 de maio

Para máis información acceder a páxina web

No hay comentarios:

Publicar un comentario