BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Sabemos que no noso cole temos moitos deportistas que conseguiron medallas.


O fin de semana pasado Cecilia conseguiu bronce en lanzamento no campionato galego.


Pablo conseguiu plata en salto de lonxitude

E este  fin de semana Xiana Pungin tres Ouros no campionato de españa.


A súa familia fíxonos chegar estás fotos e sumámonos á felicitación.

3 comentarios: