Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.
Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.
Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.
Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.
Unha das propostas que tivo moi boa aceptación na primeira
reunión que fixo o ano pasado esta
directiva c@s soci@s foi a de facer unas camisetas, de tal forma que cando o
colexio realice excursións, saídas, participe en diferentes eventos se podan identificar de maneira rápida aos
nenos e nenas do CEIP PLURILINGÜE JULIO GURRIARÁN.
O colexio pasou hoxe unha nota onde debedes de apuntar o
nome d@ nen@ e a talla que queredes.
Esta mañá @s nen@s do cole recibiron unha visita moi especial, as súas Maxestades os Reis Magos fixeron unha parada no Ceip Julio Gurriarán para escoitar as peticións que lle tiñan que decir @s nen@s e para recoller as cartas que lle escribiran e de paso agasallaron aos nen@s cunhas chuches.
Moita maxia e moita ilusión respirábase esta mañá nos pasillos e nas aulas do cole.
Os Reis Magos tamén deixaron unha carta para os pais e nais d@s nen@s,
Queridos papás y mamás de los alumnos del Ceip Julio Gurriarán,
Desde Oriente venimos cargando con sacos llenos de amor, paz y sueños.
Cada uno de nosotros queremos pediros un deseo para este año 2.018:
MELCHOR. Yo os pido que cada día disfrutéis de vuestros hijos y de cada momento de la vida a su lado al máximo, no sólo en estas fechas sino todo el año.
GASPAR. Yo os pido que viváis la vida con pasión, que riais todos los días para que así vuestros hijos crezcan alegres y felices.
BALTASAR. Yo os pido que creais en los sueños ¿Por qué qué sería la vida sin sueños? Y sobretodo os pido que SEAIS FELICES
Melchor, Gaspar y Baltasar.
A ANPA ATURUXO deséxavos que teñades un bo remate de ano e un mellor comenzo do 2.018. Boas vacacións e BO NADAL.
P.D.: A volta regresamos co entroido, a cabeciña non para.
Noraboa @s nen@s de 3°,4°,5° e 6° que esta tarde cantaron as panxoliñas e o fixeron xenial!!!!
Grazas a Mari Luz por esa dedicación e paciencia e noraboa por convertir @s nen@s en artistas .Grazas a Nacho por eses acompañamentos a toque de guitarra. Noraboa a tod@s sodes uns artist@s.
Xa se respira no ambiente ese recendo a Nadal e así llo fixo saber o Papá Noel aos nenos e nenas máis pequenos do cole coa sua visita.
Qué contentos se puxeron cando viron entrar nas súas clases.