BENVIDA

Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.

Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.

Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.

Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.

Fotos samain




Medo,sorpresas, ilusións... o noso cole Ceip Julio Gurriarán estivo coas emocións a flor de pel no Samain. Abracadabra estou coma unha cabra e tachán o Anpa Aturuxo fixo aparecer ao Mago Teto no salón de actos.






















































SAMAÍN




Xa se achega o Samaín celebración envolta de misterio, medo e un toque doce que fai que os nenos/as o desfruten ainda máis.

Como non podía ser de outro xeito o ANPA Aturuxo tamén quería participar neste día, así que nada mellor que darlle un toque máxico ao Samaín traendo o Mago Teto ao noso Ceip Julio Gurriarán.
 esperamos que todos/as os nenos/as se divirtan. 

Un saúdo



CURSO 2017 / 2018


Logo dunhas merecidas vacacións chegou o momento de preparar as mochilas, mandilóns, bocata e resolver a intriga de quen será @ nov@ profe.

Benvidos/as rapaces e rapazas desexamos que teñades un curso 2017 / 2018 repleto de novas inquedanzas, aprendizaxes e diversión.

A dalo todo que nove meses pasan nun plis plas

BENVID@S