TODA LA INFORMACIÓN SOBRE EL TALLER DE COCINA CREATIVA PINCHANDO EN EL SIGUIENTE ENLACE INFO TALLER COCINA CREATIVA
🍊🍅🍝🍍🍲🍳🍓
Estimados pais/nais, titores do colexio Julio Gurriarán, en primeiro lugar saudarvos e darvos a benvida a este blog que empeza a súa andadura con gran ilusión e moitas ganas de traballar, en beneficio da educación do nosos fillos/as.
Con este blog queremos ter un lugar onde poder difundir os nosos proxectos, e tamén manter ás familias informadas de todo o que sucede no colexio.
Aproveitamos para dicir que deberiamos participar activamente e non manter unha actitude pasiva.
Creemos que xuntos podemos facer moitas cousas, con ilusión e ganas moitas mais.
TODA LA INFORMACIÓN SOBRE EL TALLER DE COCINA CREATIVA PINCHANDO EN EL SIGUIENTE ENLACE INFO TALLER COCINA CREATIVA
🍊🍅🍝🍍🍲🍳🍓
Toda a información sobre fotos de fin de curso 2020/2021 na seguinte ligazón.
Descarga o formulario e reserva as fotos antes do 31 de Mayo
Para 6º Infantil e 6º Primaria
FOTOS FIN DE CURSO 6º INFANTIL E 6º PRIMARIA 20/21
Para resto de cursos
📢📢¡¡Adiviña adiviñanza!! 🤔
¿Quen estuvo de paseo polo cole esta noite ???
Unha pista... 🔍
Barba branca, traxe vermello...
Siiii!!! 👏👏👏👏👏👏
O mismísimo 🎅🏼 Papá Noel en persoa, ofreceuse para axudarnos a deixar a sorpresa para os nosos socios.
Esperamos que todos aparezan na lista 📜 dos máis bos 😇❤️
Chegou Halloween👻
E con el o día en que os nosos nen@s pudieron gozar dunha xornada terroríficamente xenial.
Grazas a todos pola benvida, en especial a o equipo directivo do colexio e á anterior directiva da Anpa pola axuda e apoio que nos están a dar.
Deixámosvos por aquí a nosa carta de presentación para que nos vaiades coñecendo.
¡¡ESTE CURSO MÁIS QUE NUNCA PRECISAMOS O APOIO DE TODOS!!
¡¡ANÍMATE A COLABORAR!!
¡¡AGARDÁMOSTE!!
E…”colorín, colorado este cuento se ha acabado”.
Ata
eiquí chega a andadura desta directiva da Anpa Aturuxo que comenzou en febreiro
do 2017 con moitos nervios e con moitas ganas.
Non
foron comenzos fáciles pero con ilusión e empeño conseguimos sacar adiante un
proxecto no que se levaron a cabo diversas actividades. Foron uns anos
moi…interesantes e sobretodo gratificantes.
Queremos
dar as GRACIÑAS en primeiro lugar aos nenos e nenas do cole que sempre teñen un
sorriso para agradecernos un chocolote, unha actuación dun mago, unha festa de
fin de curso...por eles e por elas mereceron a pena os nervios, as prisas e as
risas. Agradecemos tamén a eses pais e a esas nais que nos axudaron nas
diversas actividades ou cun simple comentario de ánimo, e por suposto,
agradecer ao cole a súa axuda, en
especial, ao equipo directivo que sempre remou con nós.
Non queremos despedirnos sen antes darlle a
benvida á nova directiva que entra con moita ilusión e ganas a esta nova
aventura . Contade con nós , estaremos ehí para o que necesitedes porque …..
A UNIÓN FAI A FORZA
Bos días familias,
Despois de un verán diferente xa estamos de novo de volta a esta “nova normalidade” que nos tocou vivir a tod@s.
Dada a incertidumbre que nos teñen manisfestado algunhas familias queremos que teñades coñecemento de que estamos en contacto co colexio e que dende Dirección levan traballando dende finais do mes de agosto adaptando o colexio as normas establecidas no protocolo da Xunta (entradas e saídas escalonadas ao colexio así coma a súa señalización , regular saidas aos recreos, desdobramento dun curso de maneira interna, compra de material desinfectante como son as alfombras das entradas, papeleiras, etc…)
Por outro lado, tanto o cole coma a Anpa, solicitamos ao concello que reforcen o persoal de limpeza e material( geles, panos seca mans…)
En breve o colexio informará as familias polos diferentes canles de comunicación a cerca do inicio do curso.
Con esto queremos transmitirvos unha mensaxe de tranquilidade e como sempre tedes a vosa disposición o correo da anpa para que poidades aportar todas as ideas que consideredes oportunas así coma as dúbidas que vos podan xurdir.
Agora máis que nunca colexio e familias temos que estar unidos para facer que esta volta ao cole sexa o máis segura posible para os nosos nenos e nenas.